Con motivo do día das Letras Galegas, que como ben sabedes son o dezasete de maio, imos preparar algo aqueles que estedes dispostos a sacrificar catro ou cinco recreos. Penso que vos vai gustar a proposta... Aquí tedes o audio do rap dun grupo chamado Dios ke te crew , que musicaron un poema da obra Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro . Tamén vos poño a letra e así podédela ir mirando... Deitado frente ao mar Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque quero, porque me gosta, me peta e dáme a gaña; porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren lon