Prometín xa hai unha semán (perdoa a tardanza, Sara) facer unha entradiña adicada á vaca marela , canción que acadou grandes éxitos entre @s cativos de Educación Infantil. Eu coñezo unha versión, non sei ben por que, pero hai outras, como a editada no Cd de Pelo Gato 24. A letra é esta: Eu teño unha vaca marela que é o demo a condenada, presume de vaca moderna e non quere traballar. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Puxo a permanente no rabo e deulle esmalte aos cornos, ela dí que quere mercar unhas medias de cristal. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Nin dá leite nin dá nada dá patadas á canada, a herba xa non lle vai quere palla integral. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis)
Ben sabedes: Estomballar v.p. 1. Deixarse caer [sobre algo] debido á fatiga, ó cansazo ou pola falta de ánimo. Chegou tan esgotado, que se estomballou nese sofá e quedou durmido. CF. tombarse. 2. Deitarse [un animal] no chan, dando voltas por el. Os porcos estomballábanse no curral. SIN. envorcallarse. Xa vos adiantei que nos andaba na cabeciña facer algo con este temazo, e aí vos vai: Imos gravar un videoclip que terá como protas a toda a comunidade educativa do noso cole; e cando digo toda, é toda : nais, pais, nenas, nenos, primos, tíos, mestras e mestres, avós e avoas, bisavoas e bisavós, tataravoas...a panadeira, a quiosqueira, o verduleiro... :-) Porque para traballar non, pero para estomballarse...supoño que non teremos que porfiarvos. Ide buscando roupa vella que se poida manchar de herba e vémonos a semán que vén!! Continuará... NUBES PRODUCIÓNS
Comentarios
Saúdos
Saúdos