Entradas

ESTIVEN ESTOMBALLADA!!

Perdoade por non dar sinais de vida nesta semán, pero quedeivos estomballada... Déixovos unha pequena mostra do que aqui acaeceu o xoves, para ir abrindo boca...foi estupendo!

XA DEBUTAMOS...

A pesares de non ter tempo para ensaiar, non nos foi nada mal, non? Que boa idea o das linguas, estades auténticos... :-)

SEGUIMOS CO DE ESTOMBALLARNOS...

Imagen
Click To Play Estes días andamos a escoitar no cole unha música que non coñeciamos, que fala de "estompellarse" (verídico, nena de catro anos) ou algo así. É a cuña publicitaria na que participaron varios peques, mestras, persoal da limpeza, administrativo... Non ten desperdicio!!

ESTOMBÁLLATE!!

Ben sabedes: Estomballar v.p. 1. Deixarse caer [sobre algo] debido á fatiga, ó cansazo ou pola falta de ánimo. Chegou tan esgotado, que se estomballou nese sofá e quedou durmido. CF. tombarse. 2. Deitarse [un animal] no chan, dando voltas por el. Os porcos estomballábanse no curral. SIN. envorcallarse. Xa vos adiantei que nos andaba na cabeciña facer algo con este temazo, e aí vos vai: Imos gravar un videoclip que terá como protas a toda a comunidade educativa do noso cole; e cando digo toda, é toda : nais, pais, nenas, nenos, primos, tíos, mestras e mestres, avós e avoas, bisavoas e bisavós, tataravoas...a panadeira, a quiosqueira, o verduleiro... :-) Porque para traballar non, pero para estomballarse...supoño que non teremos que porfiarvos. Ide buscando roupa vella que se poida manchar de herba e vémonos a semán que vén!! Continuará... NUBES PRODUCIÓNS

LETRAS GALEGAS

QUEN PUIDERA NAMORALA... É un tema precioso... unha poesía de Álvaro Cunqueiro á que lle puxo música Luis Emilio Batallán. Probade a escoitala cos ollos pechados...ou non!

LETRAS GALEGAS

Con motivo do día das Letras Galegas, que como ben sabedes son o dezasete de maio, imos preparar algo aqueles que estedes dispostos a sacrificar catro ou cinco recreos. Penso que vos vai gustar a proposta... Aquí tedes o audio do rap dun grupo chamado Dios ke te crew , que musicaron un poema da obra Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro . Tamén vos poño a letra e así podédela ir mirando... Deitado frente ao mar Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque quero, porque me gosta, me peta e dáme a gaña; porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren lo