A VACA MARELA

Prometín xa hai unha semán (perdoa a tardanza, Sara) facer unha entradiña adicada á vaca marela, canción que acadou grandes éxitos entre @s cativos de Educación Infantil.

Eu coñezo unha versión, non sei ben por que, pero hai outras, como a editada no Cd de Pelo Gato 24.




A letra é esta:
Eu teño unha vaca marela
que é o demo a condenada,
presume de vaca moderna
e non quere traballar.
(bis)
Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)
Puxo a permanente no rabo
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.
(bis)
Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)
Nin dá leite nin dá nada
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.
(bis)
Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)


Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Muchas gracias de parte de Sara,bueno de toda la familia porque todos teníamos curiosidad por saber qué decía la canción.Sigue trabajando con ellos,fomentándoles la música y el baile,por lo que cuenta Sara haces un trabajo muy bonito.
Gracias.
Laura Pazos ha dicho que…
Moitas grazas Sara e familia, por seguir o blog e por darme eses ánimos, non sei se merecidos. O certo é que intento que o pasen ben, e será que Sara é fácil de contentar :)
Non dubidedes en pedirme o que sexa,ou en facer suxerencias.
Saudiños!
Unknown ha dicho que…
Hola!!!! Que blog máis bonito!!! "O Aquel de Aquelar" tamén cantamos esta canción. Buscádenos no youtube!!! Tendes razón, os cativos sempre nola piden. Jejeje. Unha aperta!

Entradas populares de este blog