Ola Laura, xa tiña ganas de facer un comentario no teu blog... tiveches algún problemiña técnico? Calquera cousiña que precises xa sabes que sin problema. Bicos María
Ola Laura canto tempo se poder dicir nada!, cas gañas que tiña eu de agradecerche que nos permitises entrar na aula de música! Nunca, no tempo que levan os meus fillos no cole, tiven ocasión de entrar nese recuncho adicado á música e con estas fotos que puxeches na presentación, por fin podo ver onde pasan o seu tempo de música no cole os meus fillos. A miña felicitación por facer chegar a toda a familia a tua paixón pola música
Anónimo ha dicho que…
Creo que é mellor que poñas máis partituras xa que non as atopo e así podo descargalas
Anónimo ha dicho que…
son un alumno ou unha alumna de sexto de primaria creo que temos que ampliarnos a tocar mais instrumentos non solo a frauta e o xilófono muller ainda que seamos uns desastriños tocando as veces portámosnos ben e por certo NON TANTOS CONTROIS PLIISSSSSSSS
Prometín xa hai unha semán (perdoa a tardanza, Sara) facer unha entradiña adicada á vaca marela , canción que acadou grandes éxitos entre @s cativos de Educación Infantil. Eu coñezo unha versión, non sei ben por que, pero hai outras, como a editada no Cd de Pelo Gato 24. A letra é esta: Eu teño unha vaca marela que é o demo a condenada, presume de vaca moderna e non quere traballar. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Puxo a permanente no rabo e deulle esmalte aos cornos, ela dí que quere mercar unhas medias de cristal. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Nin dá leite nin dá nada dá patadas á canada, a herba xa non lle vai quere palla integral. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis)
Ben sabedes: Estomballar v.p. 1. Deixarse caer [sobre algo] debido á fatiga, ó cansazo ou pola falta de ánimo. Chegou tan esgotado, que se estomballou nese sofá e quedou durmido. CF. tombarse. 2. Deitarse [un animal] no chan, dando voltas por el. Os porcos estomballábanse no curral. SIN. envorcallarse. Xa vos adiantei que nos andaba na cabeciña facer algo con este temazo, e aí vos vai: Imos gravar un videoclip que terá como protas a toda a comunidade educativa do noso cole; e cando digo toda, é toda : nais, pais, nenas, nenos, primos, tíos, mestras e mestres, avós e avoas, bisavoas e bisavós, tataravoas...a panadeira, a quiosqueira, o verduleiro... :-) Porque para traballar non, pero para estomballarse...supoño que non teremos que porfiarvos. Ide buscando roupa vella que se poida manchar de herba e vémonos a semán que vén!! Continuará... NUBES PRODUCIÓNS
Comentarios
Calquera cousiña que precises xa sabes que sin problema.
Bicos
María
Nunca, no tempo que levan os meus fillos no cole, tiven ocasión de entrar nese recuncho adicado á música e con estas fotos que puxeches na presentación, por fin podo ver onde pasan o seu tempo de música no cole os meus fillos.
A miña felicitación por facer chegar a toda a familia a tua paixón pola música
FAIME CASO.................LAURIÑA