TROMENTELOS CHIS PUM

Preguntarédesvos que é isto...
Tromentelos Chis Pum somos un grupo de amigos e amigas que nos xuntamos e FACEMOS MÚSICA. Comezamos hai darredor dun ano, e este vídeo é do noso primeiro concerto, o pasado agosto, en Melide. Como é de supoñer debutamos na nosa casa, pois en Melide temos o noso lugar de ensaio, e os nosos fans :-)
Somos da comarca da Terra de Melide: Toques, Melide e Santiso (a miña terra), de Arzúa e de Agolada.
Como podedes ver, contamos cunha variedade interesante de instrumentos: gaitas, acordeón, contrabaixo, clarinete, saxo e percusións.
Este tema é unha rumba, chamada Rumba das sete e media. Agardo que vos guste!!!!!!

Comentarios

María Rodríguez ha dicho que…
Un concerto precioso, cheo de fans e non todas de Melide.
Cando é o próximo?
Bicos.
Anónimo ha dicho que…
Me parece que por maio non?pois hai que volver que o pasamos moi ben con estes tromentelos...
Laura Pazos ha dicho que…
Pois Olalliña, o 10 de maio en Melide, na feira do melindre. Estás convidada, e así a ver se nos vemos, que ultimamente non fas máis que traballar... :-)
María,e logo ti estiveches nesa gran estrea???
Anónimo ha dicho que…
A ver si algún concerto cae por estes lares, e así os de por eiquí tamén podemos facernos fans.
Ainda que o de ir a Melide tampouco está nada mal.
Bikiños
Anónimo ha dicho que…
alaaaa¡¡¡¡¡
LAURIÑA¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Entradas populares de este blog

A VACA MARELA