Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2009

A VACA MARELA

Imagen
Prometín xa hai unha semán (perdoa a tardanza, Sara) facer unha entradiña adicada á vaca marela , canción que acadou grandes éxitos entre @s cativos de Educación Infantil. Eu coñezo unha versión, non sei ben por que, pero hai outras, como a editada no Cd de Pelo Gato 24. A letra é esta: Eu teño unha vaca marela que é o demo a condenada, presume de vaca moderna e non quere traballar. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Puxo a permanente no rabo e deulle esmalte aos cornos, ela dí que quere mercar unhas medias de cristal. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Nin dá leite nin dá nada dá patadas á canada, a herba xa non lle vai quere palla integral. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis)

DANZA DA FADA DO AZUCRE

Relacionada coa entrada anterior, nesta tedes varios enlaces a vídeos sobre a Danza da Fada de Azucre. http://www.youtube.com/watch?v=yR3XYpB5w0U

HARMÓNICA DE CRISTAL

Este instrumento, como algún outro que vimos, coido que vos vai deixar coa boca aberta. Funciona dun xeito similar a unha vella máquina de coser (ao millor hai pola casa dos avós algunha...), cun eixo que se vai facendo xirar e cuns pratos de cristal que ao entrar en contacto cos dedos, húmidos, soan. Fascinante, non??!! Este tema é a famosa Danza da Fada do Azucre, do ballet "El Cascanueces" (parecíame moi rebuscado pór Quebranoces , non sei se o recoñeceriades...) de Chaikovski , baseado no conto El cascanueces y el rey de los ratones de Ernst Theodor Amadeus Hoffmann . Chaikovski nun primeiro momento escribiu a danza para este instrumento, pero posteriormente trocouno pola celesta .

SINFONÍA DO NOVO MUNDO

Xa anteriormente fixen unha entrada sobre esta obra, que está na etiqueta de audicións. Pero volto agora con ela porque estes días estivemos escoitando, na clase de música, o segundo movemento, o largo . Posto que á maioría nos costaba bastante distinguir o son dos instrumentos, anímovos a que miredes (e escoitedes) este vídeo, que é estupendo posto que vai enfocando o instrumento/s que están a intervir en cada momento. O director é Herbert von Karajan , un dos directores de orquestra máis famosos do século XX, á fronte da Orquestra Filarmónica de Viena .

MUSEO VIRTUAL DE INSTRUMENTOS

Imagen
Dando un paseo polas páxinas que ten enlazadas a miña boa amiga Irene ( musicaporuntubo ), atopei un museo fantástico. Nel podedes ver moitísimos instrumentos, clasificados por orde alfabética, ler un chisco da súa historia e o que máis vos vai gustar, penso eu: escoitar como soan (facendo click en Archivo Sonoro).

NINA SIMONE

Este vídeo facilitoumo Elena Ramos (á que aproveito para agradecerlle o seguimento que fai do meu blog) e paréceme que pode gustarvos... .Vai tamén para as mamás e os papás que coñecen a Nina Simone e este gran tema seu, My baby yust cares for me A compañía Aardman Animations fundouse no Reino Unido nos anos 70. Ao longo deste tempo levaron varios Oscar tanto por curtas como por largometraxes ( Chicken Run ) que seguro coñecedes.