Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2008

PARA OS MÁIS PEQUECHOS

Este vídeo é unha mistura de humor e boa música dos famosos gato e rato Tom e Jerry , estreado no ano 1947. Tom, un virtuoso do piano, está a dar un recital da 2ª Rapsodia Húngara de Fran Liszt e Jerry, que estaba a durmir dentro do piano, tenta amolalo como sexa. A curta gañou o Oscar á millor curtametraxe animada de 1946. Tamén atopei estas outras, de Mickey Mouse , dos anos 1929 e 1935 respectivamente , nos que toca o piano e dirixe unha banda cuns membros moi especiais. Como veredes, a primeira aínda está en branco e negro...fixádevos o maior que é Mickey, ten... 80 anos!!!! http://www.youtube.com/watch?v=o5zdHAspBAQ http://www.youtube.com/watch?v=j5x43CttVnQ Son de pouca duración, así que nestes momentos que non sabedes moito que facer, non desperdiciedes a posibilidade de ver estes curtos de calidade. Pinchade nas personaxes que tedes uns enlaces para SABER MÁIS e para XOGAR .

INSTRUMENTO FANTÁSTICO

É ben certo que a imaxinación non ten fronteiras... cousa que nós aplaudimos, pois permítenos pasar un anaco ben divertido. Xa me contaredes que vos parece... aínda que non sei que vou ter que facer para que vos animedes a escribirme. Xa sei!! a primeira ou primeiro terá un agasallo (musical, por suposto).

QUEDAMOS PARA O MÉRCORES

AVISO : As nenas e neno que quedades a ensaiar nos recreos temos unha cita o mércores, así como o equipo técnico, que quedades na aula de informática coma sempre.

TAMBORES METÁLICOS (STEELDRUMS)

Imagen
Podedes ver unha pequena mostra do que se pode facer con este instrumento. Estou pensando mercar un para a nosa clase, e vós podedes contarme que vos parece. No enlace tedes información sobre o mesmo: a súa orixe, clasificación, materiais de construción... .

UNHA BOA COMBINACIÓN DE IMAXE E SON

Imagen
Para @s que sexades reacios a escoitar eso que coñecedes como música clásica que vos parece un auténtico "rollo", botádelle un ollo e os dous oídos a este vídeo. A obra chámase Sinfonía nº 9, tamén coñecida por Sinfonía do Novo Mundo e compúxoa un señor chamado Antonin Dvorák , da República Checa (se non sabedes onde queda buscádeo) , que viviu do 1841 ao 1904. Compuxo esta obra cando estivo en Estados Unidos, dirixindo o Conservatorio Nacional de Música de Nova York. A obra estreouse no ano 1983 no Carnegie Hall. Para @s que queirades saber algo máis deste compositor ou da obra, tedes os enlaces á wikipedia.

NUNCA É TARDE...

Imagen
Perdoade por estes días de sequía creativa, pero sigo pendente de que me traiades as autorizacións asinadas, polo que aínda non podo comezar coas gravacións do noso traballo na clase. Mentres tanto, podedes xogar e practicar nesta páxina, que é moi sinxeliña pero coido que non vos vai estar de máis... AVISO : As nenas e neno que quedades a ensaiar nos recreos, temos unha cita mañá martes. Vide con ganiñas porque imos empezar EN SERIO!!!! O mesmiño lle digo aos membros do equipo técnico, que quedades na aula de informática.