Espazo para nen@s e para calquera que se sinta como tal, onde podemos ver diferentes actividades relacionadas coa Educación Musical.
QUEDAMOS PARA O MÉRCORES
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
De
Laura Pazos
-
AVISO: As nenas e neno que quedades a ensaiar nos recreos temos unha cita o mércores, así como o equipo técnico, que quedades na aula de informática coma sempre.
Prometín xa hai unha semán (perdoa a tardanza, Sara) facer unha entradiña adicada á vaca marela , canción que acadou grandes éxitos entre @s cativos de Educación Infantil. Eu coñezo unha versión, non sei ben por que, pero hai outras, como a editada no Cd de Pelo Gato 24. A letra é esta: Eu teño unha vaca marela que é o demo a condenada, presume de vaca moderna e non quere traballar. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Puxo a permanente no rabo e deulle esmalte aos cornos, ela dí que quere mercar unhas medias de cristal. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis) Nin dá leite nin dá nada dá patadas á canada, a herba xa non lle vai quere palla integral. (bis) Ela canta, con acento de mulata brasileira, hai que vela, como move, as cadeiras ao andar. (bis)
Comentarios