BAILAMOS?



Como ben sabedes, (porque o sabedes, ou non?) o vindeiro venres, día 30 de marzo, conmémorase O DÍA ESCOLAR POLA PAZ.
O certo é que nós non podemos facer gran cousa para que no mundo a xente deixe de facerse dano unha a outra... ou si?
Os cativos e cativas de Infantil, tod@s xuntiños, imos danzar con este xogo tradicional. Chámase Don Melitón, e saqueina dun libro fantástico, que aproveito para recomendarvos: PARA CANTAR E BAILAR.
Repartiremos apertas e biquiños sen descanso; ao millor está ben comezar por aí...


Comentarios

Anónimo dijo…
Laura, ¡como me alegro de lerte por aquí! Está xenial este blog! NORABOA! Dende Masaricos non podemos facer nada disto; levamos dende decembro sen internet e agora cos cortes de luz aínda peor... Paseino pipa léndoo e véndoo, así que serei unha visitante habitual. BICOS!!!
Anónimo dijo…
Pois teremos que facer algo en Masaricos...que é iso de estar sen internete?
Alégrome de que che guste, Susi...e acepto encantada todo tipo de colaborasións!!!
Anónimo dijo…
Ola, Laura. Eu entro no blog moi a menudo, e veo os vídeos e as cousas que escribes, pero non poño ningún comentario.
Pablo F. 5º B.
Laura Pazos dijo…
Bueno, xa non podes dicir que non pos ningún comentario... :)
Sempre hai unha primeira vez para todo, non?
Así que anímate e dame a túa opinión sobre o que ves e oes...ti que eres músico!!