Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2009

ESTIVEN ESTOMBALLADA!!

Perdoade por non dar sinais de vida nesta semán, pero quedeivos estomballada... Déixovos unha pequena mostra do que aqui acaeceu o xoves, para ir abrindo boca...foi estupendo!

XA DEBUTAMOS...

A pesares de non ter tempo para ensaiar, non nos foi nada mal, non? Que boa idea o das linguas, estades auténticos... :-)

SEGUIMOS CO DE ESTOMBALLARNOS...

Imagen
Click To Play Estes días andamos a escoitar no cole unha música que non coñeciamos, que fala de "estompellarse" (verídico, nena de catro anos) ou algo así. É a cuña publicitaria na que participaron varios peques, mestras, persoal da limpeza, administrativo... Non ten desperdicio!!

ESTOMBÁLLATE!!

Ben sabedes: Estomballar v.p. 1. Deixarse caer [sobre algo] debido á fatiga, ó cansazo ou pola falta de ánimo. Chegou tan esgotado, que se estomballou nese sofá e quedou durmido. CF. tombarse. 2. Deitarse [un animal] no chan, dando voltas por el. Os porcos estomballábanse no curral. SIN. envorcallarse. Xa vos adiantei que nos andaba na cabeciña facer algo con este temazo, e aí vos vai: Imos gravar un videoclip que terá como protas a toda a comunidade educativa do noso cole; e cando digo toda, é toda : nais, pais, nenas, nenos, primos, tíos, mestras e mestres, avós e avoas, bisavoas e bisavós, tataravoas...a panadeira, a quiosqueira, o verduleiro... :-) Porque para traballar non, pero para estomballarse...supoño que non teremos que porfiarvos. Ide buscando roupa vella que se poida manchar de herba e vémonos a semán que vén!! Continuará... NUBES PRODUCIÓNS