11.5.09

ESTOMBÁLLATE!!

Ben sabedes:

Estomballar v.p. 1. Deixarse caer [sobre algo] debido á fatiga, ó cansazo ou pola falta de ánimo. Chegou tan esgotado, que se estomballou nese sofá e quedou durmido. CF. tombarse. 2. Deitarse [un animal] no chan, dando voltas por el. Os porcos estomballábanse no curral. SIN. envorcallarse.

Xa vos adiantei que nos andaba na cabeciña facer algo con este temazo, e aí vos vai:
Imos gravar un videoclip que terá como protas a toda a comunidade educativa do noso cole; e cando digo toda, é toda: nais, pais, nenas, nenos, primos, tíos, mestras e mestres, avós e avoas, bisavoas e bisavós, tataravoas...a panadeira, a quiosqueira, o verduleiro... :-)
Porque para traballar non, pero para estomballarse...supoño que non teremos que porfiarvos.
Ide buscando roupa vella que se poida manchar de herba e vémonos a semán que vén!!

Continuará...
NUBES PRODUCIÓNS

8 comentarios:

BRAIS (4C) dijo...

Laura, temos que ir a perruquería...? :)

porque di Brais que se quere peitear para saír ben guapiño no vídeo

irene musicaporuntubo dijo...

Isto ten unha pintaza... podemos ir os amigas da profe????

Anónimo dijo...

Ola. Tes un agasallo en www.blogoteca.com/omundodebernal
porque me gusta este blog.

irene musicaporuntubo dijo...

O mundo de Bernal, mandouche o mesmo agasallo ca min, a ao mesmo tempo!! Será que nos gusta moito e teu blogue??
Pásate por musicaporuntubo a recollelo

miraveles dijo...

Eu apúntome, teño unhas ganiñas de estomballarme que ni che conto!!

olalla dijo...

Conta comigo,que para estomballarse calquera está disposto...

laura dijo...

Ireniña e Olalla: non é que poidades vir, e que tedes que vir. Ire podes traer a Iria e que aprenda a estomballarse, que a traballar xa sobrará quen lle ensine...:-)
Vémonos o xoves entón!!

laura dijo...

Brais non fai falla que vaias peitearte, que xa eres ben guapiño...así como vés ao cole, engominadiño, é máis que suficiente :)