Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

LETRAS GALEGAS

QUEN PUIDERA NAMORALA... É un tema precioso... unha poesía de Álvaro Cunqueiro á que lle puxo música Luis Emilio Batallán. Probade a escoitala cos ollos pechados...ou non!

LETRAS GALEGAS

Con motivo do día das Letras Galegas, que como ben sabedes son o dezasete de maio, imos preparar algo aqueles que estedes dispostos a sacrificar catro ou cinco recreos. Penso que vos vai gustar a proposta... Aquí tedes o audio do rap dun grupo chamado Dios ke te crew , que musicaron un poema da obra Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro . Tamén vos poño a letra e así podédela ir mirando... Deitado frente ao mar Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque quero, porque me gosta, me peta e dáme a gaña; porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren lon

ESTOMBALLADA

Esta canción paréceme para escoitar... estomballada !!! De seguro que moitos non sabedes o que quere dicir; e o de estomballada na veigha xa é...simplemente xenial! Presentárona ao A polo Ghit , que é unha especie de concurso no que se elixe a canción do verán. Na páxina que tedes enlazada podemos escoitar ou descargar todas as cancións que os/as artistas van colgando, e tamén votar a que máis nos guste. Pois nada, que teño unha idea para facer con esta canción que xa vos trasladarei a ver que vos parece, así que estes días estádeme atentiñ@s...e nada de estomballarse, que o curso logo remata!

TRECE LÚAS

Imagen
Aínda non tiven a oportunidade de miralo, pero promete. Este último traballo da AGG é un libro-CD-DVD, no que se fai unha viaxe no tempo, cunha c anción por cada mes. Xa vos contarei!!!!!!!!

CIRCO DO SOL

Na cumbre dun volcán oculto na frondosidade dun bosque misterioso e máxico, existe un mundo extraordinario...un mundo onde algo completamente diferente é posible: un mundo chamado Varekai . É un lugar fabuloso habitado por criaturas fantásticas. A palabra varekai significa "ondequeira" na linguaxe romaní dos xitanos, os eternos nómadas . Eu tiven a oportunidade de ir ver este espectáculo e quedeime marabillada: é unha conxución de acrobacias, bailes, poesía, música... e un vestiario impresionante. A música é en directo, cunha calidade e variedade de estilos que me deixou sorprendida. Se algunha vez tendes a opción de ver calquer espectáculo non o dubidedes. Este vídeo en concreto é o número final. Non é o meu preferido pero a vós vaivos gustar, penso eu.

CLEOPATRA STRATAN

Esta canción seguro que vos sona...foi un exitazo fai uns anos. Cleopatra é unha nena rumana que contaba con catro aniños cando conseguiu liderar vendas de discos e descargas co seu tema "Guita". Por unha banda é ben certo que resulta cando menos simpático vela...e escoitala, pero ao millor deberiamos reflexionar sobre se é "ético", ou incluso razonable, que unha nena desta idade sexa arrastrada a facer unha serie de cousas que van perturbar por completo a súa infancia. Polo que lin, ofreceu espectáculos de dúas horas, e por tal motivo o seu pai reclamaba que fose incluida no Libro Guinness. A vós gustaríavos vivir algo así? Pois nada, que agardo ansiosa a vosa opinión, nesta semaniña de lecer e tempo libre...