28.4.09

ESTOMBALLADA

Esta canción paréceme para escoitar...estomballada!!! De seguro que moitos non sabedes o que quere dicir; e o de estomballada na veigha xa é...simplemente xenial!
Presentárona ao
A polo Ghit, que é unha especie de concurso no que se elixe a canción do verán. Na páxina que tedes enlazada podemos escoitar ou descargar todas as cancións que os/as artistas van colgando, e tamén votar a que máis nos guste.

Pois nada, que teño unha idea para facer con esta canción que xa vos trasladarei a ver que vos parece, así que estes días estádeme atentiñ@s...e nada de estomballarse, que o curso logo remata!

2 comentarios:

Nieves (cedeira_tui@edu.xunta.es dijo...

Ufff, mi madriña!!!, pensar que podo estar nese colexio para o curso que vén. Nese caso que? Intento superar o listón de ter un blog que me está tendo colgada un par de horas e despois estombállome? Bueno iso despois de pensar no soliño e en hawai. Pásoche o enlace a un hula para que vaiades practicando. É un ensaio pero creo que é impresionante. Púxenllo a nenos de 2º....Boca aberta e...a Bailar!!!

Nieves Villar dijo...

Perdoa, o enlace do ensaio de hula: http://www.youtube.com/watch?v=huFf0uZGKEg