20.4.09

CIRCO DO SOL

Na cumbre dun volcán oculto na frondosidade dun bosque misterioso e máxico, existe un mundo extraordinario...un mundo onde algo completamente diferente é posible: un mundo chamado Varekai. É un lugar fabuloso habitado por criaturas fantásticas.
A palabra varekai significa "ondequeira" na linguaxe romaní dos xitanos, os eternos
nómadas.

Eu tiven a oportunidade de ir ver este espectáculo e quedeime marabillada: é unha conxución de acrobacias, bailes, poesía, música... e un vestiario impresionante. A música é en directo, cunha calidade e variedade de estilos que me deixou sorprendida.
Se algunha vez tendes a opción de ver calquer espectáculo non o dubidedes.
Este vídeo en concreto é o número final. Non é o meu preferido pero a vós vaivos gustar, penso eu.

2 comentarios:

Enredando dijo...

Temos un agasallo para vós! Podedes pasar recollelo no noso blog "ENredando" (http://natalia-enredando.blogspot.com)
Apertas

Iván dijo...

A mi me gustaría ir a ese circo, pero todavía soy pequeñito, tengo sólo 4 años ¿a partir de qué edad me recomendarías ir?