Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2009

TROMENTELOS CHIS PUM

Preguntarédesvos que é isto... Tromentelos Chis Pum somos un grupo de amigos e amigas que nos xuntamos e FACEMOS MÚSICA . Comezamos hai darredor dun ano, e este vídeo é do noso primeiro concerto, o pasado agosto, en Melide. Como é de supoñer debutamos na nosa casa, pois en Melide temos o noso lugar de ensaio, e os nosos fans :-) Somos da comarca da Terra de Melide : Toques, Melide e Santiso (a miña terra), de Arzúa e de Agolada. Como podedes ver, contamos cunha variedade interesante de instrumentos: gaitas, acordeón, contrabaixo, clarinete, saxo e percusións. Este tema é unha rumba, chamada Rumba das sete e media . Agardo que vos guste!!!!!!

FORD FOCUS

Imagen
Na páxina do Ford Focus, á esquerda, podedes ver unha clave de Sol. Ao pinchar, desplégase unha ventá coas pistas de audio do anuncio, coas que xogar misturándoas e combinándoas ao voso antollo. Eu probei e encantoume. Podedes observar como na música, para que soe "o todo" que nós escoitamos, cada un cumpre un papel imprescindible.

MÚSICA NA PUBLICIDADE

Imaxino que lembraredes anuncios tan orixinais como o do Ford Focus , no que a música xoga un papel fundamental; de feito o eslogan é "O instrumento perfecto". Neste caso que vos quero mostrar, trátase da interpretación do primeiro movemento da "Pequena serenata nocturna" de Mozart, con obxectos que se poden topar nunha oficina.

VÍDEO DO DÍA DA PAZ

Imagen
Custoume o seu pero ao fin tendes o vídeo do noso baile do Día da Paz. Posto que non teño as autorizacións de tod@s vós non podo poñelo aquí, así que tendes que visitar a revista do colexio. Se pinchades no título xa está o enlace ao artigo. É estupendo vervos bailar así de ben, e eses abrazos e bicos... QUE FEITIÑ@S !! Espero que vos guste!

FACER MÚSICA CON TRES ANOS!!!

Cústame crer que esto non sexa outra animación... pero non o é!! Ten tres aniños, e polo que se ve moito talento.

O QUE SE PODE FACER CUNHAS COPAS...

Lembrades a harmónica de cristal ? Pois nestes vídeos podedes ver o que se pode facer coas copas de cristal que tod@s temos pola casa...é fascinante!! Preguntarédesvos por que soan de distinto xeito unhas das outras; pois ben, están minuciosamente afinadas dependendo, obviamente, da cantidade de auga que conteñen así como do seu tamaño. Encantaríame recomendarvos que probarades na casa...pero ao millor aos vosos pais non lle parece tan estupendo :-) A música obtida de instrumentos de cristal dise que se remonta á Antigua China. Pero non foi até o século XVIII, coa invención da harmónica de cristal como unha solución mecánica ao rudimentario modo de tocar as copas, cando obtivo certa sona. Compositores da talla de Glück, Beethoven ou Mozart compuxeron para a mesma. Este é o mesmo tema que escoitaramos coa harmónica de cristal, para que comparedes as dúas sonoridades. Este último é un dúo...pero que fenómenos!!como imaxinaredes, necesítanse moitas horas de ensaio para chegar a facer ist

BRANCA E BRANQUIÑA

Imagen
Nesta magnífica páxina da Asociación Pedagóxica e Cultural Gamelán , atopamos este conto musical que nos presenta algunhas figuras musicais, e diversas actividades pra facer a partir del. Souben dela a través de Sebas, ao que aproveito pra darlle as grazas. Pinchade en Branca e branquiña e xa me contaredes que vos parece.

UNHA DE MONOS

Imagen
Non é para pasar moito tempo, pois ao millor resulta repetitivo, pero ten a súa gracia. Tendes que escoitar o ritmo que toca nos bongós o da esquerda, repetilo no da dereita e as monadas estas daranvos a noraboa...ou non. Van incrementando a dificultade segundo o fagades.

XOGAMOS?

Imagen
Nesta páxina ides atopar unha serie de actividades relacionadas coa música, tales como audicións de sons, información de instrumentos, obras, compositores...tanto para os máis pequech@s(hai actividades de puzzles...) como para os grandiñ@s.

ARPA DE AUGA

Novamente achégovos un vídeo de animación. Neste caso trátase dunha " arpa de auga".

INSTRUMENTO FANTÁSTICO II

Vendo o éxito que suscitou esta entrada (cousa coa que contaba, claro) púxenme a buscar e topei outro par de vídeos que non lembraba ter visto. Este é máis relaxadiño, pero igual de bonito, ou non? Comeza coma o que xa coñeciamos pero ten un minuto e medio máis (o meu preferido) Teño que aclararvos que vai ser difícil mercar estes instrumentos...mantíveno en segredo porque paréceme que vos vai disgustar que sexa de "mentira". Son o produto dunha compañía chamada Animusic , que crea animacións musicais en 3D. Pero non por elo perde interese, penso eu, porque están realmente moi logradas. Aproveito esta entrada para agradecer os vosos últimos comentarios. Alédame moito que haxa novas incorporacións ao NOSO Blog.