ESTOMBÁLLATE!!
Ben sabedes:
Estomballar v.p. 1. Deixarse caer [sobre algo] debido á fatiga, ó cansazo ou pola falta de ánimo. Chegou tan esgotado, que se estomballou nese sofá e quedou durmido. CF. tombarse. 2. Deitarse [un animal] no chan, dando voltas por el. Os porcos estomballábanse no curral. SIN. envorcallarse.
Xa vos adiantei que nos andaba na cabeciña facer algo con este temazo, e aí vos vai:
Imos gravar un videoclip que terá como protas a toda a comunidade educativa do noso cole; e cando digo toda, é toda: nais, pais, nenas, nenos, primos, tíos, mestras e mestres, avós e avoas, bisavoas e bisavós, tataravoas...a panadeira, a quiosqueira, o verduleiro... :-)
Porque para traballar non, pero para estomballarse...supoño que non teremos que porfiarvos.
Ide buscando roupa vella que se poida manchar de herba e vémonos a semán que vén!!
Continuará...
NUBES PRODUCIÓNS

Comentarios
porque di Brais que se quere peitear para saír ben guapiño no vídeo
porque me gusta este blog.
Pásate por musicaporuntubo a recollelo
Vémonos o xoves entón!!