
Para @s que sexades reacios a escoitar eso que coñecedes como
música clásica que vos parece un auténtico "rollo", botádelle un ollo e os dous oídos a este vídeo. A obra chámase
Sinfonía nº 9, tamén
coñecida por
Sinfonía do Novo Mundo e compúxoa un señor chamado
Antonin Dvorák, da República Checa
(se non sabedes onde queda buscádeo), que viviu do 1841 ao 1904. Compuxo esta obra cando estivo en Estados Unidos, dirixindo o Conservatorio Nacional de Música de Nova York. A obra estreouse no ano 1983 no Carnegie Hall.
Para @s que queirades saber algo máis deste compositor ou da obra, tedes os enlaces á wikipedia.
Comentarios