PARA OS MÁIS PEQUECHOS

Este vídeo é unha mistura de humor e boa música dos famosos gato e rato Tom e Jerry, estreado no ano 1947. Tom, un virtuoso do piano, está a dar un recital da 2ª Rapsodia Húngara de Fran Liszt e Jerry, que estaba a durmir dentro do piano, tenta amolalo como sexa.
A curta gañou o Oscar á millor curtametraxe animada de 1946.





Tamén atopei estas outras, de Mickey Mouse, dos anos 1929 e 1935 respectivamente , nos que toca o piano e dirixe unha banda cuns membros moi especiais. Como veredes, a primeira aínda está en branco e negro...fixádevos o maior que é Mickey, ten...80 anos!!!!

http://www.youtube.com/watch?v=o5zdHAspBAQ

http://www.youtube.com/watch?v=j5x43CttVnQ

Son de pouca duración, así que nestes momentos que non sabedes moito que facer, non desperdiciedes a posibilidade de ver estes curtos de calidade.

Pinchade nas personaxes que tedes uns enlaces para SABER MÁIS e para XOGAR.

Entradas populares de este blog

A VACA MARELA