HARMÓNICA DE CRISTAL

Este instrumento, como algún outro que vimos, coido que vos vai deixar coa boca aberta. Funciona dun xeito similar a unha vella máquina de coser (ao millor hai pola casa dos avós algunha...), cun eixo que se vai facendo xirar e cuns pratos de cristal que ao entrar en contacto cos dedos, húmidos, soan. Fascinante, non??!!
Este tema é a famosa Danza da Fada do Azucre, do ballet "El Cascanueces" (parecíame moi rebuscado pór Quebranoces, non sei se o recoñeceriades...) de Chaikovski, baseado no conto El cascanueces y el rey de los ratones de Ernst Theodor Amadeus Hoffmann. Chaikovski nun primeiro momento escribiu a danza para este instrumento, pero posteriormente trocouno pola celesta.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Naqueles tempos pensaban que a harmónica de cristal era un instrumento do demo, xa que todos os músicos que a tocaban morían tolos. A ciencia moitos anos despois descubriu porqué pasaba esto. Seica que o cristal tiña na sua composición chumbo(plomo), e os músicos non usaban un basiño de auga para mollar os dedos senon que os mollaban ca lingua, pasando o plomo a boca e así o chumbo pasaba o sangue e morrían envenenados.
Esta historia contouma o meu irmán e non a cotexei pero déixovola aquí, porque realemente paréceme unha historia fantástica para un instrumento fantástico.
Laura Pazos ha dicho que…
Así é; no título hai un enlace á wikipedia onde o conta. De feito coñécese como o instrumento proibido.
Grazas Miraveles!!

Entradas populares de este blog

A VACA MARELA