Entradas

METIDO NUN OVO

Imagen
Aínda que semelle unha toleada, imos ver que se pode facer con esta...xa que tedes tantas gañas de marcha!!!

O PRIMEIRO ENSAIO...

Se soa así de ben o primeiro día...ídevos adiantando ao que vai ser!!! :-) Estou encantada de poder traballar e desfrutar facendo música con tod@s vós. Tamén quero darlle as grazas ao equipo técnico e a María por achegarnos estas imaxes:

NON SE POÑAN NERVIOS@S!!!

Os vídeos serven de axuda, pero se non estudades me parece que non vai ser nada... :-)

NADAL DE LUINTRA

Imagen
Déixovos a partitura para @s que andades despistados, a perdestes...

O PROMETIDO...

Tal e como quedamos á mañá, póñovos a música para que vos vaiades familiarizando con ela. E estudade ben a letra, que non temos tempo!! Este é o audio do arranxo que tentaremos tocar nós...índa que vai soar moitísimo mellor, por suposto!

ESTE NENO TEN MOITO SONO

Imagen
Esta é a nosa adaptación deste arrolo andaluz. Botádelle un ollo que nos vai cumprir o tempo para preparala...

PARA OS MÁIS PEQUECHOS

Este vídeo é unha mistura de humor e boa música dos famosos gato e rato Tom e Jerry , estreado no ano 1947. Tom, un virtuoso do piano, está a dar un recital da 2ª Rapsodia Húngara de Fran Liszt e Jerry, que estaba a durmir dentro do piano, tenta amolalo como sexa. A curta gañou o Oscar á millor curtametraxe animada de 1946. Tamén atopei estas outras, de Mickey Mouse , dos anos 1929 e 1935 respectivamente , nos que toca o piano e dirixe unha banda cuns membros moi especiais. Como veredes, a primeira aínda está en branco e negro...fixádevos o maior que é Mickey, ten... 80 anos!!!! http://www.youtube.com/watch?v=o5zdHAspBAQ http://www.youtube.com/watch?v=j5x43CttVnQ Son de pouca duración, así que nestes momentos que non sabedes moito que facer, non desperdiciedes a posibilidade de ver estes curtos de calidade. Pinchade nas personaxes que tedes uns enlaces para SABER MÁIS e para XOGAR .