Entradas

TEMOS UN NOVO BLOG!!

Esta mañá déronme unha moi boa nova: Claudia e Miguel, alumn@s de quinto, fixeron un blog: http://www.musicablogparatodos.blogspot.com/ A ver se contaxian a alguén máis por aí... e o CEIP Emilia Pardo Bazán se coñece como o cole bloggueiro. Pois nada, aconséllovos a tod@s que sigades de preto este blog, que sen dúbida nos vai mostrar cousas marabillosas (índa que xa vin por aí un vídeo de mestr@s con moi pouca vergoña...bailando, ou máis ben tentándoo).

BAILAMOS?

Imagen
Como ben sabedes, (porque o sabedes, ou non?) o vindeiro venres, día 30 de marzo, conmémorase O DÍA ESCOLAR POLA PAZ. O certo é que nós non podemos facer gran cousa para que no mundo a xente deixe de facerse dano unha a outra... ou si? Os cativos e cativas de Infantil, tod@s xuntiños, imos danzar con este xogo tradicional . Chámase Don Melitón, e saqueina dun libro fantástico, que aproveito para recomendarvos: PARA CANTAR E BAILAR. Repartiremos apertas e biquiños sen descanso; ao millor está ben comezar por aí...

FESTIVAL DE NADAL

Xa non contabades con velos, non? É unha mágoa que a calidade do son é bastante deficiente, pero quenes vos escoitamos en directo ben sabemos que soaba moitísimo millor. Este é o vídeo do festival do primeiro día, o que puiden rescatar. Coido que na actuación do segundo había menos nervos e máis seguridade...tentarei colgala nesta semán.

METIDO NUN OVO

Imagen
Aínda que semelle unha toleada, imos ver que se pode facer con esta...xa que tedes tantas gañas de marcha!!!

O PRIMEIRO ENSAIO...

Se soa así de ben o primeiro día...ídevos adiantando ao que vai ser!!! :-) Estou encantada de poder traballar e desfrutar facendo música con tod@s vós. Tamén quero darlle as grazas ao equipo técnico e a María por achegarnos estas imaxes:

NON SE POÑAN NERVIOS@S!!!

Os vídeos serven de axuda, pero se non estudades me parece que non vai ser nada... :-)

NADAL DE LUINTRA

Imagen
Déixovos a partitura para @s que andades despistados, a perdestes...